Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS AXUDAS PEL RURINNOVA E PEL RELEVO

A Concellería de Desenvolvemento informa da apertura do prazo de presentación de solicitude das axudas PEL RURINNOVA e PEL RELEVO no Boletín Oficial da Provincia por parte da Deputación da Coruña. O Concello de Mugardos está dentro do ámbito de aplicación destas axudas por ser un concello da provincia da Coruña de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.

As axudas PEL RURINNOVA promoven o  fomento do emprego xuvenil como peza crave para o desenvolvemento e crecemento sostible, e teñen como obxectivo loitar contra o declive demográfico nas áreas rurais, fixar poboación e contribuír a un crecemento dos concellos promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando oportunidades para o acceso ao autoemprego da mocidade que habita o territorio rural. Estas axudas teñen como destinatarias ás persoas menores de 30 anos, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo.

As axudas PEL RELEVO están destinadas a empresas e empregadoras establecidas nos territorios rurais definidos da provincia da Coruña e que inclúan nos seus cadros de persoal a persoas mozas rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co ánimo de favorecer o relevo xeracional no tecido empresarial do territorio rural. Con caracter xeral as persoas mozas destinatarias finais dstas axudas, contratadas ou a contratar polas entidades beneficiarias das mesmas, deben cumprir como condición no momento da formalización do contrato obxecto de axuda,ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos (ambos incluídos).

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación destas convocatorias, realizarase antes das 14.00 horas do 31 de agosto de 2020 por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña:

IR Á LIGAZÓN Sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña

Nas seguintes ligazóns pode accederse aos textos íntegros das bases das axudas poblicados no BOP:

IR Á LIGAZÓN Bases das axudas PEL RELEVO

IR Á LIGAZÓN Bases das axudas PEL RURINNOVA

Na seguinte ligazón pode accederse á guía para a presentación de solicitudes de axudas PEL 2020:

IR Á LIGAZÓN Guía para a presentación de solicitudes de axudas PEL

Back to top