Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PERÍODO VOLUNTARIO PARA O PAGO DOS RECIBOS DE AUGA, LIXO, SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DO PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRE DE 2020

O concelleiro de Facenda, Miguel Mahía, informou de que xa está aberto o período voluntario de pago dos recibos polas taxas polo servizo de recollida de lixo, subministro de auga, servizo de sumidoiros e polo servizo de colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal en alta da zona norte da ría de Ares e sur da ría de Ferrol, canon da auga e coeficiente de vertedura, do primeiro e segundo trimestre  de 2020.

O período de pago voluntario iniciouse o pasado luns 23 de novembro e remata o 30 de xaneiro de 2021. O pago dos recibos pode realizarse polas seguintes canles:

  • Na oficina da recadación municipal, sitas na rúa Os Corzás, 6-baixo, en horario de luns a venres de 09.00 a 13.30 horas.
  • Mediante transferencia ou ingreso na conta IBAN ES-95-2080-0205-75-3040011190 de Abanca (para o que é imprescindible contar co recibo físico que será remitido polo concello aos domicilios).
  • Mediante domiciliación dos recibos, cargados nas respectivas contas dos contribuintes a partir do 1 de decembro de 2020 (o recibo do 1º trimestre 2020), e a partir do 1 de xaneiro de 2021 (o recibo do 2º trimestre 2020).

Segundo informou o concelleiro, estes recibos foron suspendidos de cobro durante o período de alarma e os meses posteriores co obxectivo de non prexudicar ás economías das familias mugardesas, e nesta ocasión e coa intención de facilitar o pago, o período de recadación é máis amplo do habitual “Seguimos traballando para a artellar fórmulas que permitan diminuír a carga fiscal á veciñanza e facer más eficiente a recadación tributaria” subliñou Mahía.

Back to top