Aberta a inscrición para o Curso de Vela e Windsurf que terá lugar do 12 ao 16 de xullo
O Curso de Vela e Windsurf terá lugar en Mugardos do 12 ao 16 de xullo . Dito curso forma parte do programa “Campaña de Vela e Windsurf 2021” organizada pola Diputación da Coruña.
O prazo para inscribirse no Concello de Mugardos é do 1 ao 25 de xuño, ambos inclusive. As inscricións deberán formalizarse na OMIX-Departamento de Cultura e Deportes, ubicado na 1ª pranta do edificio do Concello.