Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA REALIZARÁ UN ESTUDO PARA EVITAR AS INUNDACIÓNS NO ENTORNO DO RÍO BA

O Alcalde Juan Domingo de Deus e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron hoxe un encontro de traballo por videconferencia, no que acordaron a realización dun estudo por parte da Xunta para analizar as alternativas de actuación para evitar as inundacións que se repiten no entorno do río Ba, valorando a posibilidade de acometer actuacións doutra índole que permitan reducir aínda máis os asolagamentos.

Augas de Galicia realiza de forma habitual tarefas de conservación e limpeza neste río, incluíndo a retirada de troncos, o que contribúe a diminuír o risco de asolagamento, mantendo ao mesmo tempo os valores fluviais.

Na xuntanza abordouse tamén o proxecto de construción da senda peonil entre Franza e Rilo que vén de ser aprobado polo goberno galego, e actualmente atópase en tramitación o procedemento expropiatorio.

Back to top