Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE AVALÍA O ÍNDICE DE CRIMINALIDADE DO CONCELLO DE MUGARDOS

A metade dos delitos denunciados en Mugardos son estafas telemáticas

Mugardos, 28 de xuño de 2022. A Xunta Local de Seguridade que se celebrou a pasada semana en Mugardos analizou o nivel de criminalidade do Concello de Mugardos, con taxas inferiores á media da provincia, e estudiou de xeito pormenorizado o incremento das estafas telemáticas no municipio.

O alcalde, Juan Domingo de Deus, trasladou hoxe que os datos de seguridade cidadá expostos durante o encontro polas forzas e corpos de seguridade sinalan que Mugardos tivo en 2021 unha taxa de 28,89 infraccións penais por cada mil habitantes, o que o sitúa ao concello mugardés por debaixo da media provincial, autonómica e nacional. 

Aínda que entre xaneiro e maio deste ano, segundo os datos aportados polo Teniente Coronel da Garda Civil Fernando Pedreira no encontro, detectouse un pequeño repunte na criminalidade no municipio con respecto aos datos do pasado ano (3 delitos máis), polo que de Deus confirmou que “desde o goberno municipal e a Policía Local estaremos moi atentos á evolución destas estatísticas para comprobar se é froito das limitacións da pandemia ou hai algunha problemática detrás sobre a que actuar”.

En canto á ciberdelincuencia, o alcalde felicitouse polas palabras que a Subdelegada do Goberno, María Rivas, trasladou no encontro, xa que encomiou o labor educativo que están a realizar o Concello e as entidades sociais en relación coa prevención da ciberdelincuencia, especialmente nos centros de ensino, aínda que mostrou a súa preocupación polos datos nos que se manifesta un importante incremento das estafas telemáticas, que chegan a ser a metade dos delitos denunciados en Mugardos.

Neste sentido, o alcalde quixo agadecer o ofrecemento realizado pola Garda Civil para a realización de encontros formativos para a prevención das ciberestafas. “Estamos a facer charlas e publicacións para formar e informar sobre os riscos do mundo online e como mellorar a seguridade nas compras e trasferencias telemáticas, e estamos seguros de que cada vez máis a veciñanza pon en valor este traballo e os consellos que trasladamos, pero temos que seguir sendo proactivos porque está claro que a ciberdelincuencia é un risco para todos”.

Back to top