A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE ACORDA AMPLIAR OS EFECTIVOS DE SEGURIDADE NA FESTA DO POLBO
No encontro acordouse o deseño definitivo do operativo de seguridade da Festa.
Mugardos, 23 de xuño de 2022. O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, asistiu onte á Xunta Local de Seguridade que se celebrou na Casa Consistorial e na que acordouse o aumento de efectivos de seguridade durante a celebración o próximo 9 de xullo da XXX edición da Festa do Polbo de Mugardos.
Durante a reunión, o alcalde trasladou ao responsables da Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil presentes, a preocupación do goberno mugardés polos incidentes que están a acontecer nos eventos festivos organizados na comarca en datas recentes. “Logo de moitos meses sen organizar e celebrar festexos populares e masificados, parece que se está a detectar un aumento nos incidentes. A Festa do Polbo de Mugardos é un evento tranquilo no que desfrutar da nosa especialidade gastronómica máis coñecida e da festividade con amigos e familia, polo que para nós, a seguridade é un dos eixes fundamentais da organización”.
De Deus trasladou na reunión a necesidade de contar con máis efectivos para o reforzo dese operativo de seguridade, do que forman parte Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil, apoidos por Protección Civil e GES.
O Tenente Coronel da Garda Garda Civil, Fernando Pedreira, comprometeuse a ampliar os efectivos presentes o 9 de xullo, especialmente aqueles disuarorios que permitan un reforzo do operativo con distintos medios de actuación.
O alcalde agradeceu o traballo de todos os membros das forzas e corpos de seguridade participantes na Festa do Polbo e noemadamente o compromiso trasladado polo Tenente Coronel, e mostrou a total dispoñibilidade do concello como organizador da festa.
“Mugardos é un lugar tranquilo e a Festa do Polbo é fiel reflexo delo. A nosa é unha festa familiar e turística, na que grandes e pequenos participan e desfrutan nun ambiente sen estridencias e desde o concello, como organizadores deste evento traballamos para que o día se desenvolva, a ser posible, sen incidentes”.