Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL ADXUDICA O SERVIZO DE MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E MELLORA DOS ESPAZOS VERDES

Na mesma sesión adxudicáronse os traballos de reparación da pasarela de madeira do Seixo

Mugardos, 14 de febreiro de 2022.- A Xunta de Goberno Local adxudicou  a pasada semana o servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arbolado municipais por 68.244,00 euros.

Así mesmo, desde a Concellería de Obras e Servizos informouse de que na mesma sesión da Xunta de Goberno Local, contratáronse tamén os traballos de reparación da pasarela de madeira do Seixo, que deron xa comezo no día de hoxe, e que únense ao arranxo xa realizado da pasarela do Campo do Río, e aos traballos do Camiño da Redonda de Abaixo iniciados fai xa uns días.

O concelleiro Jorge Kuntz informou de que tamén estes días estase a probar un novo modelo de cubrecontedor de madeira tratada en dous puntos do municipio, instalados en viais de titularidade municipa. “Durante as vindeiras semanas probaremos a adaptación deste novo modelo, tanto para a recollida co camión do lixo como do depósito por parte da veciñanza, e analizaremos a posibilidade de ampliar os puntos de instalación destes cubrecontedores, que teñen como obxectivo manter a organización nas zonas dos contedores, evitando os desprazamentos especialmente polo vento e mellorar a estética da zona ocultando os contedores” concluiu.

Back to top