Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL ADXUDICA AS OBRAS DE SEGURIDADE NA CONTORNA DO LOYOLA E INICIA A LICITACIÓN DA MELLORA DE SERVIZOS E PAVIMENTACIÓN NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO

Na mesma sesión adxudicouse definitivamente o servizo de xestión do Centro de Interpretación do Caldoval

O goberno mugardés, en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, aprobou na mañá de hoxe a adxudicación das obras de habilitación de espazo para aparcamento e mellora de accesibilidade peonil no entorno do Colexio CPR Loyola e o servizo de xestión do Centro de Interpretación do Caldoval. Tamén iniciou o expediente de licitación das obras de mellora de servizos e pavimentación na rúa Rosalía de Castro e aprobou a relación de facturas do mes de maio.

As obras na contorna do Loyola adxudicáronse a JOSÉ NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES, S.A por importe de 61.105,00  euros e logo da firma do contrato, prevista para as próximas semanas, o adxudicatario terá un prazo de ata catro meses para a execución dos traballos.

A adxudicación do servizo de xestión do Centro de Interpretación do Caldoval á empresa TRIVIUM ESTRATEXIAS EN CULTURA E TURISMO SL realizouse para os próximos dous anos por un importe de 126.000,00 euros.

O inicio do expediente administrativo para a adxudicación das obras de mellora de servizos e pavimentación na rúa Rosalía de Castro parte cun orzamento base de licitación de 116.264,54 euros e un prazo previsto inicialmente de realización das obras de un mes (logo de ter finalizado o expediente e a firma do contrato).

A relación de facturas aprobada por unanimidade, como o resto dos puntos da sesión, polos membros do goberno municipal permitirá o abono de recibos por importe de 224.838,68 euros.

Back to top