Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Xunta de Goberno do Concello de Mugardos autoriza obras por valor de 256.000€

Mugardos, 29 de novembro de 2021. A Xunta de Goberno Local do Concello de Mugardos ven de aprobar diferentes obras de mellora de infraestructuras e servizos,  cun orzamento de 256.000€. Os traballos están financiados polo Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de A Coruña, correspondentes ás anualidades de 2019 e 2020.

Entre as actuacións previstas destacan o acondicionamento de viais e camiños municipais da zona rural de Mugardos, o acondicionamento dun aparcadoiro e a mellora da accesibilidade peonil no entorno do Colexio CPR Loyola e a ampliación da rede de abastecemento de auga potable no Vilar e na rúa Yáñez Badía.

Back to top