Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA DE GOBERNO APROBA INICIAR A CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA ENVOLVENTE TÉRMICA DA CASA DA CULTURA

Na última Xunta de Goberno Local (XGL) celebrada no día de onte aprobouse o inicio de contratación das obras de mellora da envolvente térmica da Casa da Cultura de Mugardos. Trátase dunha intervención incluida no POS 2024, cun orzamento de licitación de 143.593,49€.

Asímesmo, adxudicouse o servizo de almorzo e xantar, e o de monitores/as coidadores/as de comedores escolares, á empresa JARDANAY S.L. cun prezo de 3,61€ por almorzo/día, e de 7,46€ por xantar/día para o vindeiro curso escolar 2025/2026.

Por outro lado, na XGL tamén se adxudicou o contrato do servizo de mantemento de ascensores en edificios municipais, a favor de TK Elevadores España S.L. cun orzamento de 11.429,27€ . E finalmente, aprobouse o Plan de Seguridade e Saúde da obra de mellora de viais municipais en Casás e Simou, incluída no POS adicional 2/2023 e presentado pola empresa CANARGA S.L., adxudicataria da mesma.

Back to top