Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA DE GALICIA LICITA AS OBRAS DE MELLORA DO ASFALTO EN SAN XOAN, FRANZA E A PEDREIRA

As actuacións englóbanse dentro do plan de mellora en 5 estradas ao seu paso polas bisbarras de Ferrolterra e Betanzos, cun investimento de máis de 1,3 millóns de euros

Desde a Concellería de Obras e Servizos infórmase da licitación por parte da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia das obras de mellora do firme nas estradas autonómicas AC-122 e AC-133, no seu percorrido por San Xoán, Franza e a Pedreira.

Na parroquia de San Xoán procederase á reparación do firme na AC-122 en diversos puntos ao longo do tramo que ten lugar desde a rotonda da igrexa parroquial de San Xoán de Piñeiro ata o límite Concello de Fene.

Na zona de Franza as actuacións terán lugar nas inmediacións da piscina, e no caso da parroquia de Mehá actuarase na ligazón da conexión do Penedo coa AC-133. As actuacións teñen como obxecto a rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación en varios tramos destas 5 estradas, completando as obras co repintado das marcas viarias.

Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.

Back to top