A XUNTA CONCEDE Ó CONCELLO DE MUGARDOS UNHA SUBVENCIÓN PARA INSTALAR PASOS DE PEÓNS LUMINOSOS
A resolución foi notificada ó Concello o pasado mércores 24 de maio, outorgando a subvención para a instalación de sinalización lumínica en diversos puntos do termo municipal
Desde a Concellería de Obras e Servizos e a Concellería de Facenda, Persoal e Participación, infórmase de que a Xunta de Galicia outorgou ao Concello de Mugardos a subvención para a instalación de pasos de peóns luminosos.
O importe da subvención acada o 75% do orzamento de execución material, chegando ós 29.926,88€, e está financiada pola orde do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2023.
As actuacións contemplan o desenvolvemento dunha primeira fase deste tipo de instalacións coas melloras nos pasos de peóns con farois LED en:
• Rúa Peteiro nº 12
• Avenida Galicia nº 36
• Avenida Galicia nº 44
• Avenida Galicia nº 58
• AC-133 nº33 • Rúa Ou Cristo – (pavillón municipal)
Cabe lembrar que este tipo de actuacións só poden realizar en viais de titularidade municipal.