A Xunta cede ó Concello de Mugardos a estrada AC-132, que comunica A Gallada e O Seixo
Mugardos, 21 de xaneiro de 2021.- O Consello da Xunta aprobou onte o cambio de titularidade a prol do Concello de Mugardos da estrada que comunica A Gallada e O Seixo, na AC-132.
Trátase dunha estrada de 2,19 kms que discorre na súa totalidade polo termo municipal de Mugardos, e atravesa solos urbanos. O Concello de Mugardos solicitou á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidad deste vial, “como paso previo para modificar o ancho das beirarrúas e dotar de accesibilidade o tránsito dos peóns” tal e como declarou o Alcalde de Mugardos, Domingo de Deus.