A PRAIA DA BESTARRUZA PREPÁRASE PARA O VERÁN
A Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente informa das tarefas de acondicionamento desenvoltas no arenal da Bestarruza de cara á campaña de verán.
Os traballos de posta a punto consisten principalmente na recolocación da area, a roza dos noiros e a limpeza do espazo.
A actuación, que conta coa autorización da demarcación de Costas do Estado, é sufragada íntegramente polas arcas municipais.
“A praia da Bestarruza tras estes traballos presentará as mellores condicións co obxectivo de que os veciños e veciñas poidan gozar plenamente dela, tanto polo acondicionamento das instalacións como pola calidade da auga, que segundo as analíticas que realiza o Sergas periodicamente é excelente” afirmou Jorge Kuntz responsable do departamento encargado das actuacións.
Para concluir, o concelleiro quixo destacar que “non podemos esquecer que este ano máis que nunca hai que actuar con responsabilidade polo ben de todos e todas”.
Na seguinte ligazón pode accederse á clasificación da calidade da auga das praias de Galicia: