Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A POLICÍA LOCAL REALIZA UNHA CAMPAÑA PARA O USO DE CHALECO ENTRE OS PEÓNS E AUMENTA O CONTROL NOS RECREOS DOS CENTROS DE ENSINO

A Policía Local informa da posta en marcha de dúas campañas no Concello de Mugardos para o aumento da seguridade no municipio.

A primeira delas, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, céntrase nas tarefas de información entre os peóns que circulan no termo municipal mugardés para que realicen esta actividade coa maior seguridade tanto para eles coma para os vehículos que se poidan cruzar no seu percorrido, e por iso, a campaña inclúe o reparto de chalecos reflectantes. “O uso do chaleco é unha obriga legal, pero o máis importante é que salva vidas. Un peón con chaleco permite aos condutores detectar a súa presenza e evitar un atropelo” afirmou o alcalde Juan Domingo de Deus, responsable político do corpo policial.

A segunda das campañas posta en marcha estes días desde o Policía Local mugardesa implica o reforzo dos controis dos recreos nos centros de ensino, con especial atención ás saídas no instituto, neste caso coa intención tanto de controlar a presenza dos menores na rúa en horario escolar, o cumprimento das medidas de protección frente á COVID-19 e o control da seguridade na contorna dos centros.

“A Policía Local trasladounos a necesidade de reforzar a seguridade nos centros de ensino, máis aló do control do tráfico no horario de entrada e saída, e entendemos qué é unha responsabilidade máis do concello que asumimos desenvolvendo esta campaña” rematou o alcalde.

Back to top