Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A POLICÍA LOCAL INFORMA DA IDENTIFICACIÓN DE DOUS INDIVIDUOS QUE TENTABAN ESTAFAR A UN VECIÑO DE RILO

A Policía Local de Mugardos identificou e puxo a disposición xudicial a dous individuos, que facendo uso dun logotipo do Ministerio de Cultura, pretendían estafar 3.300 euros a un veciño de Rilo.

Os feitos ocorreron sobre as 11.30 horas de hoxe cando os estafadores personáronse no domicilio de G.P.A. esixíndolle o pago da citada cantidade para cancelar unha débeda pendente e así poder cancelar os seus datos de carácter persoal.

Desde a Policía Local lembran á veciñanza que a cancelación ou oposición aos dereitos de datos de carácter persoal non supoñen nunca o pago de ninguna cantidade de cartos.

Os individuos, con domicilio en Málaga e Coirós, teñen numerosos antecedentes e foron postos xa a disposición xudicial.

Back to top