Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA MUNICIPAL INICIA A SÚA ACTIVIDADE DE VERÁN NUNHA NOVA UBICACIÓN

A concelleira de Turismo Begoña Roldós informou hoxe de que xa está aberta a oficina de información turística municipal, na súa nova ubicación nos baixos da Casa do Concello.

O horario de atención ao público na quenda de mañá é mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.30 horas, e sábados e domingos de 12.30 a 14.00 horas. A quenda de tarde pola súa banda é martes, mércores e xoves de 16.30 a 20.30 horas, e venres e sábados de 16.30 a 18.30 horas.

Para contactar coa oficina pode facerse presencialmente no horario de atención ao público, chamando por teléfono ao 630 885 761, ou vía correo electrónico oit.mugardos@gmail.com.

A oficina de información turística mugardesa traslada a súa ubicación este ano aos baixos da casa do Concello (Avenida de Galicia nº 45), logo dalgúns anos ubicada no peirao. Esta nova ubicación permite prestar un mellor servizo aos usuarios xa que se dispón dunhas instalacións máis amplas e adaptadas ás demandas dos visitantes así como do cumprimento de todos os requerimentos de seguridade e legais.

A concelleira lembrou que as persoas interesadas poden facer a súa reserva para visitar o Castelo da Palma precisamente a través da Oficina de Información Turística municipal.

Back to top