Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA “AS LAGOAS” ORGANIZA A SÚA AUDICIÓN DE NADAL

A actuación terá lugar o próximo 17 de decembro pola tarde

A Concelleira de Cultura, Begoña Roldós, presentou hoxe a Audición de Nadal 2022 da Escola Municipal de Música “As Lagoas” que terá lugar na tarde do sábado 17 de decembro de 2022.

O repertorio a interpretar polos alumnos e alumnas da escola non se limitará á interpretación das panxoliñas propias das datas de Nadal, posto que haberá tamén pezas doutros estilos musicais, dando á tarde unha gran variedade de xéneros.

O programa do sábado 17 de decembro estará dividido en dúas quendas, previstas para as 17.00 e as 18.00 horas, e debido á limitación do espazo, están orientadas ás familias dos membros da comunidade educativa.

Roldós congratulouse pola volta desta preciosa tradición da escola, que veu como tivo que suspenderse a causa da pandemia. “É un pracer escoitar aos alumnos e alumnas da escola de música, desfrutar cos seus avances e poder compartir eses momentos cheos de olladas de orgullo e xestos de cariño das súas familias”.

Back to top