A DEPUTACIÓN CONCEDE A MUGARDOS UNHA ACHEGA DE 7.000€ DESTINADA A MANTER A ESCOLA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
A Concellería de Benestar Social do Concello de Mugardos ven de recibir unha achega da Deputación Provincial, a través do Programa FOEAC/2026, que subvenciona a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada durante o ano 2026.
Esta axuda ascende a 7.000€ que se destinarán ó mantemento da Escola Municipal de Envellecemento Activo de Mugardos (EMEAM).