Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE PARTICIPACIÓN E FACENDA INFORMA DO PAGO DA PRIMEIRA TANDA DAS AXUDAS MUGARDOS REACTIVA

A Concellería de Facenda informou hoxe do pago da primeira tanda das axudas Mugardos Reactiva por importe de 61.000 euros, e da publicación durante esta semana das solicitudes rexeitadas e das que requieren dunha nova achega de documentación.

En total foron 60 os beneficiarios que recibiron a axuda Mugardos Reactiva esta fin de semana e que terán de prazo ata o 31 de marzo para xustificar o importe recibido. O importe ingresado das axudas foi de 1.000 euros a todos os solicitantes, agás en catro casos que recibiron 1.250 euros en aplicación das bases aprobadas.

A comisión de valoración que ditaminou a concesión destas 60 axudas, deixou as 24 restantes pendentes ou ben de comunicar o rexeitamento da súa solicitude por incumprimento das bases reguladoras, ou ben por requerir máis documentación da presentada inicialmente para poder realizar a súa valoración. Esta segunda tanda de 24 solicitudes está previsto que se resolva durante esta mesma semana.

Desde a Concellería valoraron estas axudas de xeito moi positivo, polo gran número de solicitudes recibidas, pero recoñeceron que o procedemento careceu da axilidade necesaria e demandada polos empresarios, traballadores e autónomos mugardeses.

Miguel Mahía confirmou que o goberno municipal xa está traballando na segunda liña de axudas municipais que incorporarán dous cambios significativos “Serán axudas de tramitación máis áxil, porque non queremos nin podemos deixar que a administración ralentice axudas tan necesarias para o noso tecido económico, e por outra banda, serán axudas máis progresivas nas que os solicitantes recibirán os importes en función da porcentaxe das perdas acumuladas”.

Para rematar Miguel Mahía quixo destacar que o compromiso do goberno municipal cos empresarios e autónomos municipais é total “É unha prioridade para nós manter na medida das nosas posibilidades a actividade económica no municipio. Abrir dúas convocatorias do Mugardos Reactiva en 6 meses supón un esforzó económico para as arcas municipais que estamos seguros de que pagará a pena”.

Na seguinte ligazón pode consultarse o anuncio de concesión da primeira tanda das axudas:

DESCARGAR PDF Anuncio concesión de axudas Mugardos Reactiva 1ª tanda

Back to top