Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE OBRAS RESTABLECE O ALUMEADO PÚBLICO TRAS A RENOVACIÓN DO CABLEADO ROUBADO NA BARCA, A PITA E A PENELA

O concelleiro de Obras e Servizos Jorge Kuntz informou hoxe da realización de actuacións para a reposición do cableado do alumeado público na Barca, A Pita e A Penela logo do roubo de 500 metros de cable fai unas semanas.

O suceso remóntase ao verán, cando a infraestrutura de servizo público foi asaltada e foron roubados 3 tramos duns 500 metros de cableado de cobre. A investigación conxunta deste roubo está a levarse a cabo pola Policía Local e a Garda Civil, e segue aberta.

Logo de avaliar a situación, desde a concellería decidiuse cambiar o material dos cables a aluminio e non seguir utilizando cobre, xa que o cobre é un material bastante cotizado e buscado por ladróns polo seu prezo no mercado.

As actuacións, iniciadas no día de onte estenderanse probablemente ata o próximo venres, xa que a duración das mesmas dependerá da meteoroloxía.

Jorge Kuntz subliñou que “o roubo de alumeado supón un gasto moi importante de material e recursos para o concello, xa que lóxicamente ten que facerse fronte á reposición do cable subtraído, pero tamén ten un custe moi importante pola perda dun servizo básico como é a iluminación das vías públicas, co dano evidente para a seguridade da veciñanza que tamén supón”.

Back to top