A BIBLIOTECA ORGANIZA UN CONTACONTOS DE NADAL PARA NEN@S DENDE 3 ANOS DE IDADE
A Biblioteca Municipal organiza o vindeiro martes 16 ás 17:00 horas no baixo do Concello unha actividade de Nadal para nen@s de 3 a 6 anos de idade. Non é preciso inscribirse previamente, e a entrada é de balde.
‘A galleta de xenxibre aventureira’ é un contacontos que narra a historia dunha avoiña que estivo facendo deliciosas galletas de xenxibre para o Nadal, e facendo o reconto descubre que unha delas fuxiu. Todos na casa están a buscar a galleta de xenibre pero ela non quere que a coman.
