INICIO DO PRAZO DE SOLICITUDE DO INGRESO MÍNIMO VITAL
O Ingreso Mínimo Vital (IMV), regulado no Real Decreto lei 20/2020, consiste nunha prestación non contributiva da Seguridade Social, de natureza económica, dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.
As solicitudes para acceder ao cobro do IMV poden presentarse a partir de hoxe luns 15 de xuño de 2020. Se se presentan dentro dos tres meses seguintes, os efectos económicos se retrotraerán ao día 1 de xuño de 2020 sempre que nesta data se acrediten todos os requisitos para o seu acceso.
A competencia para a tramitación e recoñecemento do Ingreso Mínimo Vital corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
As solicitudes poden presentarse a través da Sede electrónica da Seguridade Social tanto se o interesado posúe un certificado dixital ou un usuario Cl@ve coma se carece de calquera medio de identificación electrónica.A solicitude presencial non é posible posto que aínda non están abertas as oficinas do INSS de atención ao público, debido ao estado de alarma e cumprimento das debidas normas sanitarias.
Así mesmo está dispoñible para os cidadáns un simulador que lles permite, mediante o enchemento dun sinxelo repertorio de preguntas, saber se poden ser beneficiarios da prestación.
Nas seguintes ligazón pode accederse á información máis relevante do Ingreso Mínimo Vital:
DESCARGAR PDF Díptico informativo sobre o Ingreso Mínimo Vital