CITA PREVIA PARA A ATENCIÓN PRESENCIAL NOS SERVIZOS DE REXISTRO E PADRÓN
Desde a Concellería de Persoal e Participación lémbrase á veciñanza que os servizos de rexistro e padrón municipais realizan exclusivamente a atención presencial a aquelas persoas que solicitan previamente cita, no cumprimento das condicións de seguridade e hixiene establecidas.
- Para o servizo de rexistro (para a presentación de documentación) e o padrón de habitantes: deberase solicitar cita previa chamando ao 981 470 338 (extensión #2027)
- Para a solicitude de información e recollida de impresos: deberase solicitar cita previa chamando ao 981 470 338 (extensión #2028)