Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Non hai eventos

O obxecto destas axudas  é favorecer a escolarización pública e formación universitaria nas familias con menos recursos económicos do Concello de Mugardos. Estas axudas están previstas para a concesión de axudas para o ensino e o transporte aos veciños e veciñas do Concello de Mugardos.

Estas axudas están destinadas a:

1.Axudas para o ensino.

a)Alumnos que cursen estudos nalgún dos centros públicos ou sostidos con fondos públicos do Concello de Mugardos, ou cursar estudos de formación regrada impartida por centros públicos ou en centros de educación especial , de fóra do Concello de Mugardos.
b)Alumnos que cursen estudos en centros públicos ou sostidos con fondos públicos, de fóra do Concello de Mugardos, por estar a desenvolver unha modalidade deportiva nun Centro de Alto Rendemento (CAR), nun Centro de Técnificación Deportiva (CTD) ou nun Centro Especializado Deportivo.

2.Axudas de transporte.

Alumnos que cursen estudos de formación regrada impartida por centros públicos de fóra do Concello de Mugardos e que non estean situados nos Concellos integrantes da área do transporte metropolitano de Ferrol.

INSTANCIA

 DESCARGAR PDF Instancia para a solicitude das axudas ensino e transporte 2020-2021 (1º convocatoria)

 DESCARGAR PDF Instancia para a solicitude das axudas ensino e transporte 2020-2021 (2º convocatoria)

TRAMITACIÓN E REXISTRO

Con carácter xeral, ábrense 2 prazos de solicitude destas axudas (en 2020 abríronse os prazos nos meses de agosto e outubro). As solicitudes para a concesión destas axudas formalizaranse, dentro dalgúns destes dous prazos, na instancia debidamente cuberta e xunto coa documentación requerida na propia instancia, e presentarase no Rexistro Municipal do Concello de Mugardos por algunha destas dúas canles:

  • Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

NORMATIVA REGULADORA

Anualmente o Concello de Mugardos aproba as bases e abre a convocatoria destas axudas (sinalando 2 prazos de solicitude das mesmas). Así mesmo, existe unha ordenanza municipal xeral sobre subvencións no concello, que regula todos os procesos de axudas municipal. Ambalos dous textos poden consultarse nas seguintes ligazóns:

DESCARGAR PDF Bases das axudas para o ensino e o transporte curso 2020-2021

 DESCARGAR PDF Ordenanza xeral de subvencións

Back to top