CONCENTRACIÓN CON MOTIVO DO 25-N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
O Concello de Mugardos sumóuse ás numerosas concentracións organizadas con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O Alcalde agradeceu a participación activa da comunidade educativa que, nas súas intervencións, reinvidicaron mediante versos, baile e o seu propio manifesto vivir nunha sociedade máis igualitaria e o fin do asasinato de mulleres.

No acto lembrouse unha a unha, ás 47 mulleres asasinadas no que vai de ano formando unha composición floral que o alumnado de FP de agroxardinería e composicións florais deixou como recordo do acto no vestíbulo do Concello.

Concluíu co agradecemento do alcalde a toda a cidadanía presente e gardando un minuto de silencio.

O público asistente recolleu o material da Campaña Municipal financiado polo Ministerio de Igualdade e o Pacto de Estado.