MOCIÓN SOBRE A MELLORA E ADAPTACIÓN DOS HORARIOS DE TRANSPORTE INTERURBANOS
O Pleno do Concello de Mugardos aprobou por unanimidade en sesión extraordinaria celebrada o 30 de setembro de 2026, unha Moción sobre a Mellora e Adaptación dos Horarios de Transporte Interurbanos, na que se demanda a disposición dun transporte público con horarios adaptados ás necesidades reais da poboación.
Este acordo demanda á Xunta de Galicia a revisión e adaptación dos horarios e frecuencia das liñas que prestan servizo ao Concello de Mugardos, atendendo ás necesidades reais de mobilidade da veciñanza, e especialmente ás dificultades existentes ao mediodía e nas últimas horas do día de luns a venres.
Tamén se reclama a mellora da coordinación dos horarios da liñas que conectan Mugardos con Ferrol e cos servizos de conexión cara á Coruña, Santiago de Compostela e outros destinos, facilitando os desprazamentos por motivos educativos, laborais, sanitarios e asistenciais.
Por último, se insta ó Goberno municipal a trasladar á Xunta de Galicia e á empresa concesionaria as necesidades de mobilidade citadas anteriormente, solicitando unha reunión para analizar a situación real e as necesidades da veciñanza, de cara ás posibles modificacións dos horarios, frecuencias e combinacións do servizo.