BANDO DO CONCELLO COAS RECOMENDACIÓNS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA
Ante a situación actual das reservas de auga e co obxectivo de garantir un uso sostible deste recurso esencial, o Concello fai un chamamento á colaboración e responsabilidade de toda a veciñanza para evitar consumos innecesarios de auga potable. As seguintes recomendacións foros trasladadas pola Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra, co fin de fomentar un consumo responsable de auga e contribuir á conservación das reservas dispoñibles.