OBRADOIRO INFANTIL SOBRE ARQUITECTURA ROMANA NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL
O Centro de Interpretación de Caldoval inicia a programación de verán o vindeiro sábado 4 de xullo cun Obradoiro sobre arquitectura romana no que os/as participantes poderán facer unha maqueta do balneum de Caldoval co seu hipocausto e a súa piscina, elementos característicos dos baños da Antiga Roma, tras descubrir os segredos construtivos do xacemento.
👉🏻 Este obradoiro, de perfil familiar, está destinado a nenos/as de 6 a 12 anos, en dúas quendas: ás 11:30 horas e ás 17:30 horas (cunha duración aproximada de 45 minutos). É gratuito e tan só hai que reservar praza no correo 📧 info@museocaldoval.gal ou por teléfono no 📲 687072116.