Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATAN CON ÉXITO OS OBRADOIROS E CHARLAS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE BENESTAR

A Concellería de Benestar do Concello de Mugardos concluíu recentemente dúas actividades formativas que contaron cunha notable participación cidadá: o ciclo de charlas de Neurodiverxentes e o obradoiro de primeiros auxilios básicos.

A última sesión do ciclo de DiverXentes celebrouse o pasado sábado e estivo dedicada ás Persoas Altamente Sensibles (PAS), abordando as características, necesidades e ferramentas que favorecen unha mellor comprensión desta realidade.

Por outra banda, o taller de primeiros auxilios permitiu ás persoas participantes adquirir coñecementos básicos para actuar ante situacións de urxencia frecuentes, resolver dúbidas relacionadas cos primeiros auxilios e coñecer pautas de actuación inicial ata a chegada dos servizos sanitarios.

A concelleira de Benestar, Patricia Ruiz de Azcárate, valorou moi positivamente o desenvolvemento de ambas as iniciativas e destacou que “a excelente participación demostra o interese dos veciños por este tipo de actividades formativas e de sensibilización. Desde o Concello seguiremos impulsando propostas que contribúan ao benestar, a inclusión e a mellora da calidade de vida da cidadanía”.

Back to top