Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS LICITA AS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DA ESTACIÓN CUN INVESTIMENTO SUPERIOR ÓS 70.000 EUROS

O Concello de Mugardos iniciou o proceso de licitación para a execución das obras de mellora do Camiño da Estación, unha actuación incluida no POS+ Adicional 2/2024 da Deputación da Coruña e que conta cun orzamento de licitación de 70.322,50 euros, IVE incluído. As obras terán un prazo de execución de cinco semanas unha vez sexan adxudicadas e permitirán mellorar o estado desta vía, incrementando a seguridade e a comodidade para os usuarios.

Trátase dunha actuación que requiriu unha longa tramitación administrativa debido ás autorizacións necesarias por parte de ADIF, xa que o Camiño da Estación atravesa infraestruturas ferroviarias e está suxeito a unha normativa específica e a requisitos técnicos especialmente esixentes.

O concelleiro de Obras, Servizos, Medio Ambiente e Tics, Jorge Kuntz, sinalou que “esta é unha obra moi demandada e cuxo desenvolvemento estivo condicionado pola complexidade dos trámites necesarios con ADIF. Tras completar todos os requisitos esixidos, por fin podemos avanzar cara á execución dunha actuación que mellorará de forma importante esta vía municipal”.

O edil destacou ademais que “desde o Concello seguimos traballando para sacar adiante proxectos que requiren unha importante carga administrativa previa, moitas veces pouco visible para a cidadanía, pero imprescindible para poder executar os investimentos con todas as garantías”. O Concello de Mugardos continuará informando sobre os próximos pasos do procedemento ata a adxudicación e posterior execución das obras.

Back to top