Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS E UN TALLER DE TECNOLOXÍA DENTRO DAS ACTIVIDADES DA ÁREA DE BENESTAR

A área de Benestar do Concello de Mugardos continúa desenvolvendo iniciativas orientadas á formación e o benestar da cidadanía coa posta en marcha de dúas novas actividades durante o mes de xuño: un obradoiro de primeiros auxilios, que se celebrará o próximo 3 de xuño, e un taller de tecnoloxía, programado do 8 ao 11 de xuño.

O obradoiro de primeiros auxilios ten como obxectivo proporcionar coñecementos básicos e ferramentas prácticas para actuar de forma rápida e eficaz ante situacións de emerxencia cotiás, contribuíndo a mellorar a seguridade e a capacidade de resposta das persoas participantes. Pola súa banda, o taller de tecnoloxía ofrecerá formación adaptada para facilitar o uso de ferramentas dixitais e mellorar as competencias tecnolóxicas dos asistentes, favorecendo así a inclusión dixital e a autonomía no acceso a servizos e recursos electrónicos.

A concelleira de Benestar, Patricia Ruiz de Azcárate, destacou que “desde o Concello seguimos apostando por actividades que acheguen coñecementos útiles para o día a día dos nosos veciños e veciñas, fomentando tanto a prevención e a seguridade como a adquisición de competencias dixitais cada vez máis necesarias na nosa sociedade”. Desde o Concello de Mugardos anímase á cidadanía para participar nestas iniciativas, que forman parte do compromiso municipal coa promoción do benestar, a formación continua e a mellora da calidade de vida da poboación.

Back to top