Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE CULTURA IMPULSA A PROGRAMACIÓN MUSICAL DAS FESTAS DE VERÁN

O Concello de Mugardos continúa avanzando na organización das festas de verán 2026 coa contratación das actuacións musicais que formarán parte da programación festiva deste ano. O obxectivo da área de Cultura é ofrecer unha programación variada, pensada para todos os públicos e que contribúa a dinamizar a vida social e económica do municipio durante os meses estivais.

A concelleira de Cultura, Educación e Deportes, Begoña Gómez, destacou que “desde o Concello seguimos traballando para que as festas de verán estean á altura do que merece Mugardos, apostando por unha oferta musical diversa e de calidade que permita disfrutar tanto a veciños como a visitantes”.

A programación incluirá actuacións dirixidas a distintos segmentos de idade e estilos musicais, combinando propostas tradicionais con outras máis actuais. Desde o goberno municipal sublíñase a importancia de planificar con antelación a organización dos eventos para garantir o seu correcto desenvolvemento e coordinación loxística.

O Concello irá dando a coñecer proximamente o cartel completo de actividades e actuacións previstas para o verán 2026.

Back to top