Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INICIA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE SANEAMENTO EN O MONTE POR MÁIS DE 100.000€

O Concello de Mugardos aprobou en Xunta de Goberno Local o inicio do procedemento de licitación das obras de ampliación da rede municipal de saneamento de augas residuais en O Monte, na parroquia de Santiago de Franza.

O proxecto conta cun orzamento de licitación de 111.358,22 € (IVE incluído) e permitirá mellorar as infraestruturas básicas nesta zona, dando resposta a unha demanda veciñal e avanzando na extensión dos servizos municipais. Tras esta aprobación, ábrese agora o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas, comenzando así o proceso administrativo previo á adxudicación das obras.

O concelleiro de Obras, Servizos, Medio e Tics, Jorge Manuel Kuntz Peiteado, sinalou que “con esta actuación seguimos avanzando na mellora das infraestruturas básicas do municipio, neste caso nunha zona onde era necesario ampliar a rede de saneamento para garantir un servizo adecuado aos veciños”. Así mesmo, destacou que “o inicio da licitación é un paso importante para que este proxecto poida executarse no menor prazo posible, dentro dos procedementos establecidos”.

Con esta actuación, o Concello continúa traballando na mellora progresiva da rede de saneamento municipal, contribuíndo á calidade de vida da cidadanía e á sustentabilidade ambiental.

Back to top