MUGARDOS CONMEMORA O 8-M CUNHA CONCENTRACIÓN INSTITUCIONAL O VENRES DIA 6 DIANTE DO CONCELLO
O Concello de Mugardos conmemorará o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun programa de actividades e obradoiros dirixidos a promover a igualdade real e efectiva no municipio.
Como acto central, mañá venres día 6 ás 12:00 horas celebrarase unha concentración institucional con lectura de manifesto, aberta á participación de toda a cidadanía. Con este acto, o Concello reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres e a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
A concelleira de Benestar, Patricia Ruiz de Azcárate, responsable da área, subliñou que “o 8 de Marzo é unha data clave para visibilizar a importancia de seguir avanzando en igualdade, pero tamén para poñer en valor o traballo que se realiza durante todo o ano desde as administracións públicas”.
A edil destacou que o programa deseñado inclúe diversas actividades e obradoiros que se desenvolverán ao longo destes días, con propostas adaptadas a distintos públicos e co obxectivo de fomentar a sensibilización, a formación e a participación activa da veciñanza.
“Desde o Concello seguimos impulsando políticas que promovan a igualdade de oportunidades e a eliminación de calquera forma de discriminación, entendendo que a igualdade é un eixo transversal da acción municipal”, engadiu a concelleira.
O Concello convida á cidadanía a participar activamente nas actividades deseñadas para esta conmemoración, que se irán anunciando puntualmente.
Con esta programación, o goberno municipal reafirma o seu compromiso coa igualdade e co impulso de políticas públicas que contribúan a avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva e respectuosa.
A campaña municipal do 8M contempla material propio financiado polo Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado que se entregará na concentración prevista para mañá 6 de marzo.
Durante o mes de marzo e abril haberá actividades e talleres dirixidos á promoción e sensibilización da igualdade. A campaña municipal do 8M contempla material propio financiado polo Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado