O CONCELLO INICIA A CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO EN O MONTE
O Concello de Mugardos iniciou o procedemento de licitación para a execución da obra de ampliación da rede municipal de saneamento de augas residuais en O Monte, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS+ 2024).
A actuación conta cun orzamento de licitación de 111.358,22 € (IVE incluído) e un prazo de execución estimado de 17 semanas (aproximadamente catro meses) e tramitarase mediante procedemento aberto simplificado. Esta intervención permitirá mellorar a rede de saneamento existente, ampliando o servizo a novas zonas e contribuíndo a unha xestión máis eficiente e sostible das augas residuais, en beneficio dos veciños e veciñas de O Monte.
O concelleiro delegado de Obras, Servizos, Medio e TICs, D. Jorge Manuel Kuntz Peiteado, destacou a importancia deste proxecto para o municipio: “Con esta licitación damos un paso máis na mellora das infraestruturas básicas de Mugardos. A ampliación do saneamento en O Monte é unha actuación necesaria para garantir mellores condicións de salubridade, calidade de vida e respecto ao medio ambiente para os nosos veciños”.
Desde o Concello continúase traballando para impulsar investimentos que reforcen os servizos públicos e modernicen as infraestruturas municipais, atendendo ás necesidades reais da cidadanía. O expediente de contratación xa se atopa en marcha, e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas conforme aos prazos establecidos na plataforma de contratación.