Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTIVIDADES DE XANEIRO NO MUSEO DE O CALDOVAL

O Centro de Interpretación de O Caldoval realiza este mes varias actividades especiais para profundizar na cultura e na historia da Antiga Roma coas seguintes actividades:

O venres 23 de xaneiro, coincidindo co Día da escritura a man, se celebrará un obradoiro especial chamado Lettering á romana, no cal tras unha breve explicación, as persoas participantes farán unha práctica caligráfica en latín usando tinta, cálamo e papiro. Será ás 17:30 h.

O sábado 31 de xaneiro, aproveitando o inicio de ano se realizará un obradoiro titulado O tempo na Antiga Roma. Se explicará cómo organizaban os días fai 2000 anos, se falará do calendario xuliano e se elaborará un reloxo en arxila. Haberá ademáis un sorteo dun exemplar do calendario romano que se deseñará no Centro de Interpretación de Caldoval entre as persoas participantes. Será en dúas quendas: 11:30 h. e 17:30 h.

Estas actividades están pensadas para público adulto e tamén familias con crianzas a partir de 8 anos. As prazas para estas actividades gratuitas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través das redes sociais do museo: @centrodeinterpretacióndecaldoval en Facebook e @museocaldoval en Instagram, no correo do centro info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 07 21 16 (en horario de apertura: venres, sábado e domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.)

Back to top