O CONCELLO PON EN MARCHA A CAMPAÑA ‘QUERER É COIDAR’ PARA APOIAR ÁS COLONIAS FELINAS DO MUNICIPIO
O Concello de Mugardos inicia durante todo o mes de novembro a campaña “Querer e coidar”, destinada á recollida de comida húmida (latas) para apoiar aos voluntarios e voluntarias que coidan das colonias felinas do municipio.
Os veciños e veciñas poderán colaborar deixando as súas doazóns nos puntos habilitados, que inclúen o supermercado Eroski-Vegalsa de Mugardos e os colexios do municipio que participen na iniciativa.
O Concello quere agradecer especialmente a todo o voluntariado que dedica o seu tempo e esforzo ao coidado dos gatos e anima á cidadanía para sumarse a esta campaña solidaria, contribuíndo así a mellorar a vida dos animais e a apoiar o labor de quen os protexe.