CLAUSURA DO OBRADOIRO DE GARANTÍA XUVENIL ‘INICIA VIII’ IMPULSADO PARA MELLORAR A CAPACITACIÓN PROFESIONAL E A INSERCIÓN LABORAL
O Concello de Mugardos celebrou o peche da última edición do Obradoiro de Garantía Xuvenil, un programa que ten como obxectivo mellorar a capacitación profesional e as oportunidades de inserción laboral dos mozos do municipio e a comarca.
A concelleira de Facenda, Ana Varela, asistiu á entrega de diplomas e destacou a importancia destas iniciativas. “Programas como este son esenciais para ofrecer novas ferramentas e formación de calidade que permitan á mocidade incorporarse ao mercado laboral con maiores garantías” sinalou a edil, lembrando que o Concello de Mugardos segue comprometido con políticas activas de emprego e formación xuvenil.
O Obradoiro de Formación enmárcase nun plan máis amplio desenvolvido pola Xunta de Galicia, que investiu preto de 440.000 euros na comarca de Ferrolterra para programas de formación dirixidos a mozos desempregados, potenciando a adquisición de competencias prácticas e profesionais. Coa finalización desta edición, os mozos participantes reciben a súa certificación oficial e o Concello de Mugardos reafirma o seu compromiso coa formación, o emprego xuvenil e o desenvolvemento de capacidades que faciliten a súa incorporación ao mercado laboral.