CONTINÚA ABERTA A CONVOCATORIA PARA UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO DO DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN NO CONCELLO DE MUGARDOS
O Concello de Mugardos lembra que continúa aberto o prazo para a presentación de solicitudes para cubrir, mediante funcionario de carreira e polo sistema de oposición libre, unha praza vacante de administrativo/a correspondente á Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2022. A concelleira de Facenda, Ana Varela, lembra que “esta convocatoria reforza os servizos fiscais do Concello e dá continuidade ao traballo que vimos realizando para mellorar a xestión dos recibos e tributos municipais, no marco da delegación de competencias na Deputación provincial da Coruña. A incorporación de persoal cualificado permitirá ofrecer un servizo máis eficaz, transparente e próximo aos veciños”.
Con esta praza, o Concello de Mugardos consolida a súa estratexia de modernización administrativa e reforza o seu persoal para asegurar a correcta emisión e seguimento dos recibos e contribucións municipais. A praza pertence á escala de administración xeral, subescala administrativo, grupo C, subgrupo C1. O anuncio publicouse no Boletín Oficial do Estado nº 246, de data 13.10.2025, e o prazo de presentación de solicitudes finaliza o 3 de novembro, sendo de 20 días naturais desde a publicación.
As bases xerais e específicas reguladoras do proceso selectivo publicáronse integramente no Boletín oficial da provincia da Coruña (BOP) nº 169, do 05.09.2025. Toda a información está dispoñible na web municipal: https://mugardos.gal/convocatoria-dunha-prazaq-de-administrativo-a-mediante-oposicion-en-quenda-libre/