Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS INICIA A LIMPEZA DE MÁIS DE 320 CONTEDORES DE RESIDUOS NO MUNICIPIO

O Concello de Mugardos puxo en marcha un plan de limpeza e desinfección de máis de 320 contedores de residuos urbanos situados en diferentes puntos do municipio. Esta actuación, que se levará a cabo ao longo das próximas semanas, ten como obxectivo mellorar a hixiene e o estado dos contedores, así como garantir unha contorna máis limpa e saudable para os veciños e veciñas.

O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, explicou que “con esta limpeza de contedores buscamos manter Mugardos limpo e coidado, garantindo que os espazos públicos estean nas mellores condicións posibles. O noso equipo traballa de maneira constante para que os servizos municipais funcionen correctamente e para que os veciños poidan gozar dun municipio máis ordenado e hixiénico.”

O goberno municipal lembra que a limpeza dos contedores forma parte dun plan integral de mantemento e mellora dos servizos de recollida de residuos, que inclúe tamén actuacións preventivas e revisións periódicas para asegurar que os espazos públicos mantéñanse en bo estado. Con esta intervención, o Concello reafirma o seu compromiso de mellorar a calidade de vida dos veciños e garantir que os servizos de limpeza e mantemento da vía pública funcionen de maneira eficaz e constante.

Back to top