Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CLAUSURA DO OBRADOIRO ‘REINICIA XI’ QUE FORMOU EN CARPINTERÍA E MOBLE E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A DEPENDENTES A ALUMNOS DE MUGARDOS, ARES E FENE

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou onte martes 16 de setembro na clausura do obradoiro de emprego dual Reinicia XI que promoven de maneira conxunta os concellos de Mugardos, Fene e Ares, cun orzamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de preto de 412.000 euros. Tamén participaron o alcalde de Mugardos, Juan Domingo Deus, a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e a concelleira de Xuventude, Alma Barrón.

Un total de 18 alumnos concluíron a formación teórico-práctica que se impartiu nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e de carpintería e moble, completando estes últimos a súa formación con diferentes actuacións de mellora das dotacións públicas, como a realización de mobiliario de oficina para as dependencias do Concello de Fene; mobiliario urbano para Mugardos, ou a construción de ventás para o mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, de Ares entre outros.

A delegada territorial puxo os obradoiros duais como exemplo da colaboración entre a Xunta e os Concellos en materia de emprego. 

Back to top