NOVA SESIÓN DO PROGRAMA ‘A ADMINISTRACIÓN PRETO DE TÍ’ O MARTES 23 DE SETEMBRO
O vindeiro martes 23 de setembro terá lugar unha nova sesión asociada ao programa “A Administración preto de ti” en colaboración coa Administración Xeral do Estado, para facilitar a realización de trámites electrónicos e coa TGSS que desplazará unha oficina móvil ao Concello.
En concreto, ofrecerá información e expedición de certificados dixitais da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre, así como información e realización de trámites coa Tesorería Xeral da Seguridade Social.
A cita será ás 10:00 horas no Salón de Plenos do Concello, cun aforo máximo de 30 persoas. No caso de que se reciban solicitudes por encima do número máximo de persoas usuarias que poidan ser atendidas ese día, se formará lista de espera para a nova sesión que se programe.
Para aquelas persoas que desexen descargar o certificado dixital nun dispositivo móvil (por exemplo o teléfono), co fin de facilitar o trámite, deberán descargar previamente a aplicación Certificado dixital FNMT disponible en Google Play ou en App Store.
Presentación de solicitudes de participación: remisión de correo electrónico á dirección correo@mugardos.gal Agradécese e invita a todos/as os/as veciños/as a que participen activamente.