Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS DELEGA A XESTIÓN DOS TRIBUTOS NA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 2026

O Concello de Mugardos aposta por un modelo de recadación máis eficiente, transparente e próximo, delegando a xestión dos tributos na Deputación provincial da Coruña a partir do 01 de xaneiro de 2026.  Este cambio traerá beneficios para todos os veciños e para o concello.

Beneficios destacados:

1. Axilidade administrativa:

  • Os mecanismos informatizados de xestión compartida permiten ferramentas de xestión tributaria en tempo real.
  • Os veciños poderán consultar o estado dos seus pagos, prazos e asuntos pendentes de maneira rápida e segura.
  • Os veciños disporán de máis posibilidades e facilidades de pago e máis accesibles. Poderán realizar os seus pagos na caixa de calquera das entidades financieiras colaboradoras, en caixeiro automático ou por internet, ou nas oficinas de correos ou ao persoal de reparto. Tamén na Oficina Virtual Tributaria, mediante tarxeta de calquera entidade bancaria.Os recibos tamén se poderan domiciliar nun único prazo ou en dous prazos.
  • A posibilidade do establecemento para os veciños dun plan de pagos individualizado co obxeto de  facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, e que permite flexibilizar os pagos en período voluntario de impostos e taxas delegadas na Deputación en 10 mensualidades.Existe tamén a posibilidade de aprazar ou fraccionar as débedas.

2. Atención personalizada:

  • Se habilitará un servizo de xestión tributaria con persoal municipal para consultas presenciais, evitando fendas dixitais.
  • A oficina virtual tributaria da Deputación estará dispoñible para trámites telemáticos.

3. Recursos máis amplos:

  • A Deputación ofrece asistencia técnica e xurídica, ademais de xestionar tributos e inspección,  así como un servizo de calidade e de experiencia acumulada de máis de 30 anos.
  • Este modelo inclúe anticipos a conta sen intereses, que permitirán ao concello xestionar dun modo máis eficiente os recursos municipais e mellorar a calidade dos servizos municipais, algo que non é posible con empresas privadas.

4. Maior eficacia na recadación:

  • A Deputación garante unha elevada porcentaxe de cobranza, próximo ao 100%, dos padróns fiscais en tempo e forma,polo que se dotaría ao concello de máis recursos para atender as demandas dos veciños.
  • Se adianta mensualmente a liquidación dos recibos, dotando ao concello de maior liquidez e solvencia,para afrontar e mellorar a calidade dos servizos municipais.

5.Custo equivalente ou menor:

O custo para o concello será igual ou inferior ao dunha empresa privada, pero con maiores recursos humanos, técnicos e xurídicos.

Establecese o seguinte Calendario Fiscal ata a entrada en vigor da delegación para que a veciñanza poda organizar os seus pagamentos ata o 31.12.2025:

PADRON TRIBUTARIO*INICIO PERIODO VOLUNTARIOFIN PERIODO VOLUNTARIO
VEHICULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM) 202518.08.202510.11.2025
BENS INMOBLES NATUREZA URBANA 202501.09.202501.11.2025
AUGA,LIXO, SUMIDOIROS, EDAR 4º TRIMESTRE 202401.09.202501.11.2025
IBI RUSTICA,IAE, VADOS E ENTRADA E SAIDA DE VEHICULOS 202515.10.202516.12.2025
AUGA,LIXO, SUMIDOIROS, EDAR 1º TRIMESTRE 202530.10.202531.12.2025

*INFORMARASE DE CALQUERA MODIFICACIÓN OU INCIDENCIA AO RESPECTO.

Back to top