Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ESPAZO INFANTIL DE XOGO VERÁN 2025: HORARIOS, NORMAS DE ACCESO E RECOMENDACIÓNS

A primeira quincena do Espazo Infantil de Xogo de verán 2025 comeza o próximo 1 de xullo de 2025 e durará ata o 15 de xullo de 2025, ámbolos dous inclusive.

Recórdase que non hai servizo de almorzo, polo que é recomendable que vaian almorzados  da casa, xa que ata  a merenda  de media  mañá non comerán nada.

O  horario  completo  é  de 08:00 a 14:00, e  o horario  reducido  de 10:30  a 14:00 horas.

Os/as nenas/os con servizo de xantar pasarán, acompañados polo monitorado, ao comedor en horario de 14:00 a 15:30 horas.

Non se poderá  deixar aos nenos e nenas antes do horario concedido,  aínda que haxa persoal no centro.

Todos os/as  participantes  deberán  traer  a diario  (marcado  á vista  co nome do neno/a):

·    Gorra ou viseira.

·    Auga (cantimplora ou botella plástica)

·    Roupa cómoda que facilite  a súa mobilidade  (chandal  ou similar),  e/ou mandilón (marcado)

·    Merenda  de media  mañá, tal e como se especificará  ao inicio  da actividade

(Non se  admitirán alimentos de repostería/ bolería industrial, chuches, chocolatinas, paquetes de snacks, etc.).

Back to top