O MUSEO DO CALDOVAL ORGANIZA ACTIVIDADES PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS E O DÍA DOS MUSEOS
O Museo de O Caldoval organiza dúas actividades gratuitas durante esta semana, con prazas limitadas e dirixidas a público familiar (con crianzas dende os 6 anos).
-O sábado 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas, celebrarase un Obradoiro de creación dun cuaderno de escritura romano, coñecido coma “Tábula cerata“. Trátase dun dos soportes de escritura máis populares da Antiga Roma. Haberá dúas sesións: ás 11.30 e ás 17:30 horas.
-O domingo 18 de maio, para celebrar o Día Internacional dos Museos, se propón un Obradoiro de creación de figuras de deportistas e bañistas, no mesmo horario que o anterior (ás 11.30 e ás 17.30 horas). Os participantes coñecerán cómo era unha sesión deportiva na palestra romana de Caldoval e crearán figuras de deportistas e bañistas que visitarían o balneum mugardés.
Tamén se poden reservar visitas guiadas para este fin de semana.
Para información e reservas, pódese dirixir por correo ó Museo: info@museocaldoval.gal ou ben chamar ao teléfono 687072116.