SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL AS LAGOAS PARA O CURSO 25/26
A reserva de prazas para a Escola Infantil Municipal As Lagoas, para o alumnado que xa asiste no presente curso escolar é do 1 ao 15 de marzo de 2025 (ambos inclusive).
A solicitude de novo ingreso poderá presentarse do 16 ao 31 de marzo de 2025 (ambos inclusive).
As solicitudes presentaranse segundo o modelo oficial que se adxunta a continuación, acompañado da documentación requerida, no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónnica, nos prazos indicados.