PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO 2025 EN MUGARDOS
O Concello de Mugardos celebrará os días 3 e 4 de marzo os actos principais do Entroido 2025.
O luns 3 de marzo será o LUNS DE COMPARSAS, no que se xuntarán tódalas agrupacións a partir das 17.30 horas diante do Concello para sair cara ó peirao. Dende ahí se dirixirán ata o Casino Mugardés para chegar ás 18,30 horas, onde se repartirán orellas a partir das 20.00 horas. A entrada é libre.
A continuación, o martes 4 de marzo será o MARTES DE ENTROIDO FAMILIAR, no que haberá unha Festa Familiar coa animación musical da orquestra Nova Onda no Casino Mugardés, a partir das 17.30 horas. Se sortearán caixas con produtos típicos do entroido entre os maiores de 18 anos que veñan disfrazados.
Ademáis, o sábadp 15 de marzo terá lugar na SCRS San Xoán de Piñeiro o Entroido-Xuntanza da Veciñanza de máis de 55 anos, cunha merenda-baile arrufado por Lidia Sueiro, e o sorteo de cestas con produtos típicos do Entroido. Para participar no sorteo, é indispensable vir disfrazado/a. As inscricións poderán facerse do 3 ó 14 de marzo na SRCD San Xoán de Piñeiro, no 2º andar do Concello (Servizos Sociais) ou chamado ó teléfono 606188140. As prazas son limitadas e haberá un servicio de autobús entre Mugardos, Franza e O Seixo (a partires das 18,00 horas).
