APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES PARA A CONVOCATORIA DE 11 PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
No Boletín Oficial del Estado núm. 38, de data 13.02.2025, publicouse anuncio de convocatoria para prover, polo sistema excepcional de concurso, once (11) prazas de persoal laboral fixo de axuda no fogar, asimiladas á Escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Persoal de Oficios, Grupo E, Agrupacións Profesionais, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (Boletín Oficial del Estado núm. 38 de data 13.02.2025).
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 246, do día 29.12.2022, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras dos procesos de estabilización de emprego temporal polo sistema excepcional de concurso e polo sistema de concurso oposición, e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 247 do día 30.12.2022, publicouse a convocatoria e bases específicas que rexerán a convocatoria do proceso selectivo; bases específicas que posteriormente foron rectificadas nos termos publicados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 251 do día 31.12.2024.”
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (Boletín Oficial del Estado núm. 38 de data 13.02.2025).
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 246, do día 29.12.2022, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras dos procesos de estabilización de emprego temporal polo sistema excepcional de concurso e polo sistema de concurso oposición, e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 247 do día 30.12.2022, publicouse a convocatoria e bases específicas que rexerán a convocatoria do proceso selectivo; bases específicas que posteriormente foron rectificadas nos termos publicados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 251 do día 31.12.2024.