Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O SERVIZO DE RECOLLIDA DE ENSERES VOLVERÁ A FUNCIONAR A PARTIRES DO 3 DE MARZO E SE REALIZARÁ TÓDOLOS LUNS

O Concello de Mugardos acaba de anunciar o restablecemento do servizo de recollida de enseres, que entrará de novo en funcionamento o luns 3 de marzo, e se realizará tódolos luns.

As persoas interesadas en depositar residuos voluminosos (obxectos de gran tamaño, mobles e aparellos varios, susceptibles de ser reciclados) deberán notificalo previamente ó Concello antes do venres anterior a cada recollida ás 14.00 horas, mediante un dos seguintes canles:

 -Telefónicamente, chamando ó número 981 470 338 (extensión: #2028), de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

-Enviando un correo electrónico ó seguinte enderezo: enseres@mugardos.gal

-Enviando unha mensaxe ó whatsapp de ‘Mugardos en Liña’, indicando o nome e apelidos, obxectos a depositar (máximo 5 por domicilio), teléfono de contacto, e punto no que se depositarán (no contedor máis próximo ó domicilio).

En tódolos casos, o depósito de enseres ser realizará o domingo anterior ó luns de recolida, en horario de 20,00 a 22.00 horas. Depositar outro día distinto empeora a limpieza do concello, e segundo o RDL 6/2015 do 30 de outubro pode dar lugar á imposición de sancións. Por outra banda, non deben depositarse enseres se hai temporal (polo perigo de que os enseres poidan desprazarse co vento e danar a persoas ou vehículos). Prégase colaboración cidadá para manter a limpeza o municipio nas mellores condicións posibles.

Back to top